O D africano (Ɖ, ɖ) é unha letra latina que representa o fonema retroflexo oclusivo sonoro [ɖ]. A letra minúscula (d con gancho), empregouse tamén para representar este son no Alfabeto Fonético Internacional.
A letra forma parte do alfabeto africano de referencia, e a variante maiúscula chámase D africano en Unicode, xa que se emprega principalmente en linguas africanas como ewe,[1] fon, aja, e bassa. O D africano non debe ser confundido co eth (Ð, ð) do islandés, o feroés e o inglés antigo, nin co D con trazo (Đ, đ) do vietnamita, o serbocroata e as linguas saamis, a pesar de que as maiúsculas destas letras parecen iguais.
Mostra | Unicode | Nome | referencia de HTML | |
---|---|---|---|---|
Latino Estendido-B[2] | ||||
Ɖ | U+0189 | LATIN CAPITAL LETTER AFRICAN D |
Ɖ Ɖ | |
Extensións de IPA[3] | ||||
ɖ | U+0256 | LATIN SMALL LETTER D WITH TAIL (retroflex hook) | ɖ ɖ |